Saturday 18 de May de 2024

Un grupo de 40 maiores dos Obradoiros de Mente Activa e Ximnasia de Brión visitan o Museo de Historia Natural de Santiago


Un total de corenta maiores de Brión realizaron unha saída cultural ata o Museo de Historia Natural de Santiago. Os maiores, integrantes dos Obradoiros de Mente Activa e Ximnasia de Mantemento, realizaron un percorrido guiado polas salas expositivas do centro: Biodiversidade mariña e terrestre e xeodiversidade e solo.

Unha iniciativa didáctica na que os maiores brioneses tiveron acceso a material do museo, polo que mesmo puideron facer o seu propio traballo de investigación sobre os temas aló expostos. Diante da gran aceptación que tivo esta pequena excursión, dende o Concello de Brión non descartan algunha saída cultural máis ao longo do curso.